Tuesday 07 de May de 2024

A veciñanaza de Ordes arroupa o seu primeiro mercado de artesanía de Nadal


A Alameda de Ordes transformouse no día de hoxe no punto neurálxico para as compras de Nadal no municipio. Iso grazas ao mercado de artesanía de Nadal, que contou coa participación darredor dunha trintena de postos de toda índole. O punto en común en todos eles foi o emprego de elementos completamente naturais na elaboración dos seus produtos que se exponían cara ao público, os cales estaban confeccionados de xeito manufacturado. Instrumentos musicais, xabóns, roupa, agasallos, bixutería, prendas confeccionadas con gancho e pura lá, filloas, turróns etc. De todo se podía atopar neste primeiro mercado de artesanía de Nadal no que centos e centos de ordenses se congregaron.